Actividades Culturais no Concello de Ourense para o xoves 7 de marzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOurense
A-
A+

10:30 horas (Colexio Divino Maestro) A concelleira de Educación, Ana Garrido, asiste á derradeira das charlas sobre Primeiros Auxilios para escolares organizadas polo Concello dentro do programa de Educación Viaria. Participaron desde xaneiro a marzo un total de 900 alumnos de 6º de Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de 12 centros educativos da cidade. As charlas teñen parte teórica e práctica, na que os alumnos participan activamente na simulación de diferentes situacións e inclúen os seguintes contidos:

– Primeiros auxilios no caso dun accidente de tráfico coma peón, ciclista, ciclomotorista ou ocupante dun vehículo.

-Actuacións no caso dun accidente no fogar.  

– Actividade complementaria: visita a ambulancia asistencial, e explicación dos diferentes medios técnicos empregados polos socorristas.

11.30 horas (Salón de Plenos) A concelleira de Turismo, Mónica Vázquez, recibe aos representantes das cofradías gastronómicas participantes no Salón de Gastronomía e Turismo, Xantar.

18,00 horas (Biblioteca Municipal da Ponte, Centro Cívico da Ponte, na rúa Gómez Franqueira, 43) Actividade interxeracional “Mellor con pixama e bonete!!” Este é un proxecto que pretende interrelacionar aos nenos que participan en actividades de animación á lectura e ludoteca coas persoas maiores que visitan o centro cívico. “Mellor con pixama e bonete” consiste en que as persoas maiores lles conten un breve conto aos nenos, ben sexa lido ou narrado. As actividades continuarán proximamente, con “Gota a Gota un planeta”, na que os nenos lles contarán aos maiores un conto
inventado por eles sobre a auga, e os maiores lles falarán aos cativos sobre a importancia da auga e da súa administración responsable baseándose en experiencias do seu pasado.

(SÓ GRÁFICOS) 18,30 horas (Salón de Plenos) A concelleira de Saúde, Marga Martín e técnicas desta área municipal manteñen unha xuntanza con asociacións, colexios profesionais e outras entidades ourensás para preparar a conmemoración conxunta en Ourense do Día Mundial da Saúde (Día 7 de abril)

20.30 horas (Paraninfo do IES Otero Pedraio) Concerto Sen Batuta. Concerto “Dalí Dúo”, música de cámara.

ACTOS DO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

19.30 horas (Auditorio Municipal, Sala Azul) Recital de Poesía “Masa Madre”, a cargo de Belém de Andrade

20.30 horas (Auditorio, Sala Azul) Representación da obras de teatro “E-las”, dirixida por Inma Pérez e protagonizada por Ledicia Piñeiro e Uxía Morán.

Sinopse: E-las consiste nunha representación que revisa o concepto de muller e o seu corpo na época actual, chamando a atención sobre os roles que desenvolve a muller na sociedade e cuestiona a súa orixe e xustificación.

6 de marzo de 2013 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.