Actividades culturais no Concello de Ourense para o martes 12 de marzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOurense
A-
A+

10 h. (Aula de Natureza de Oira): 15 alumnos do CEIP Manuel Sueiro participan na actividade “Coñecer e actuar para a conservación do río Miño”, unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos ríos, que se fundamenta na realización de inspeccións do estado dos ríos da cidade.

10:30 h.: O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, recibe a visita da científica israelí Ada Yonath, Premio Nobel de Química en 2009, que está en Ourense con motivo dunha conferencia que impartirá con motivo do Día Internacional da Muller. Asistirán á recepción a concelleira de Saúde e Benestar Social, Marga Martín, e a vicerreitora do Campus de Ourense, María Lameiras.

11 h.: O alcalde, Agustín Fernández, e o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, José Ángel Vázquez Barquero entrega diplomas a 40 participantes nos cursos de formación Auria Inserta.

12.00 h. -e 10 h.- (Auditorio Municipal): Representación da obra “Un té á menta, músicas do magreb”, para escolares. Organiza fundación La Caixa, en colaboración coa Concellería de Educación. Viaxaremos ao norte de África, onde descubriremos a gran riqueza musical dos diferentes pobos que conforman a parte occidental do mundo islámico. Recordaremos a importante influencia da música árabe na penínula Ibérica co temas arabo – andulusíes e descubriremos tamén estilos modernos como o chaâbi ou o raï.

11 de marzo de 2013 | 16:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.