Actividades Culturais en Ourense para o martes 5 de marzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOurense
A-
A+

10.50h (pabillón dos Remedios, piscina pequena) A Concellería de Saúde desenvolve actividades dirixidas a mellorar a educación para a saúde nas mulleres xestantes no marco do programa municipal de Saúde Materno Infantil. Así, da comezo o obradoiro de actividades acuáticas para embarazdas no que participan 20 futuras nais.

11.00h (Salón de Plenos) Rolda de prensa da concelleira de Persoal, Carmen Rodríguez e a concelleira de Urbanismo, Áurea Soto, sobre temas de actualidade municipal.

12.20h (Instituto das Lagoas, rúa Eduardo Blanco Amor,2) A Concellería de Educación e a Concellería de Limpeza dan comezo a un obradoiro sobre a reciclaxe e a xestión de residuos, dirixido a alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2 ciclo de Educación Secundaria. Na actividade participarán un total de 347 escolares do CPR Divino Maestro, Concepción Arenal, CPR Josefinas, IES Couto, CPR Santo Ángel, CPR Divina Pastora e EPA Pereiro, ademáis do Instituto das Lagoas onde comeza a actividade.

18.00h (Biblioteca Municipal de A Carballeira) A Concellería de Educación propón, ao longo de toda a semana, en horario de 18.00h e 19.30h sesións de contacontos dirixidos aos nenos e nenas en colaboración coa Cruz Vermella no marco do programa “Abre outra porta no teu corazón.

19.00h (Escola Municipal de Artes Escénicas, salón de actos) A Concelleira de Educación, Ana Garrido, e o concelleiro de Deportes, Alfonso vilachá, asisten ao inicio do curso “Monitor de fútbol e fútbol sala”.

O curso, que está enmarcado na oferta formativa da Universidade Popular, desenvolverase dende mañá e ata o 21 de marzo no CEIP Vistahermosa e nel participarán 40 alumnos e alumnas.

 Actos de conmemoración do Día Internacional das Mulleres

 18.00h (Cinebox, Centro comercial Pontevella) No marco dos actos do concello para conmemorar o Día Internacional das Mulleres, realizarase a proxección do filme británico “Pago Justo”, drama social baseado en feitos reais e organizado en colaboración co cineclube Padre Feijóo. O filme recibiu 4 nominacións aos premios Bafta, incluíndo millor filme británico e actriz secundaria. Dirixida por Nigel Cole, narra a folga que en 1968 levaron a cabo case 200 traballadoras da planta Ford Dagenham, para reivindicar a igualdade de salarios con respecto aos homes. O resultado desta proposta foi a aprobación da “Equal Pay Act”.

4 de marzo de 2013 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.