publicidade hoxe

Actividade para o 8 de marzo de 2013: Día Internacional da Muller Traballadora

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoqueixónLocal
A-
A+

Un ano máis, Boqueixón prepárase para a celebración do día Internacional da Muller Traballadora, con tal motivo, o vindeiro 8 de marzo, todos os nenos e nenas poderán facer a súa particular homenaxe ás mulleres máis importantes da súa vida: As nais.

Baixo o lema, “Todos os días son 8 de marzo”, o CIM (Centro de Información á Muller), desenvolverá unha actividade na que se deseñarán uns diplomas “Á mellor muller”, unha forma moi especial de recordarlle ás nais deste municipio a súa gran labor como mulleres.

Ademais, dende xaneiro, véñense realizando unha serie de obradoiros de teatro coa fin de preparar unha obra que será representada a finais deste mes, e que leva por título “Un conto de Muller”, nela as nenas e nenos de Boqueixón darán vida a unha historia que trata de soños e pesadelos, os pesadelos dunha vida limitada polo machismo, e os soños dunha vida marcada pola loita e a decisión.

5 de marzo de 2013 | 16:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.