Acometen tarefas de aglomerado e de arranxo de baldosas en diferentes puntos de Ferrol
Os operarios do servizo municipal de Obras, Reparación e Mantemento de Viarios do Concello de Ferrol, que realiza a empresa “Misturas S.A”, continua con traballos de aglomerado e reparación de baldosas e beirrarúas na zona de Esteiro, e amplía o seu radio de intervención ao entorno da estrada de Catabois. En concreto, a previsión de tarefas para a xornada de hoxe encomendada e en función dos criterios de urxencia e seguridade viaria establecidos polos técnicos municipais é a seguinte:
– Actuacións de aglomerado: rúa San Ramón con San Roque; rúa Españoleto con Mac Mahón, rúa Roi Xordo e estrada de Catabois ata Colexio Pazos.
– Actuacións en baldosas con continuidade dos traballos en: rúa Españoleto e rúa Eduardo Pondal.











