publicidade hoxe

Accións formativas do proxecto Rede Xiana 2

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtisLocal
A-
A+

A Deputación da Coruña vai desenvolver en colaboración co concello de Curtis, accións formativas dirixidas a persoas desempregadas dos concellos de Toques, Arzúa, Boimorto, Vilasantar, Sobrado e Curtis.

A formación enmárcase no proxecto RedeXiana2 (Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego), cofinanciado pola entidade provincial e o Fondo Social Europeo.

O concello de Curtis achega as súas instalacións municipais (Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro) para a impartición de acción formativas de Alfabetización informática, Busca de emprego e novas tecnolóxicas, Comercialización e venda electrónica.

As persoas participantes formarán parte dos itinerarios formativos e de inserción laboral previstos no proxecto.

O obxectivo final consiste nunha maior profesionalización das persoas desempregadas e a súa inserción no mercado laboral, en virtude do Pacto Provincial polo Emprego Responsable na provincia da Coruña, asinado polos 91 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes que participan no proxecto RedeXiana2

22 de marzo de 2013 | 20:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.