publicidade hoxe

Ábrese o prazo de inscrición para os obradoiros infantís de Semana Santa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxeLocal
A-
A+

Un ano máis, o Departamento de Cultura e Benestar, ten programado realizar obradoiros orientados ao público infantil durante os días non lectivos pero laborais de Semana Santa. En concreto, estes obradoiros, terán lugar os días 25, 26 e 27 de marzo en horario de mañá, de 10.30 a 13:00 horas, no Local Social Valle Inclán.

Un dos obxectivos principais polos que se organizan este tipo de actividades, ademais de ofrecer posibilidades para a utilización do tempo libre dos máis pequenos e pequenas do fogar dunha maneira creativa, á vez que lúdica e educativa en valores que promovan a igualdade, fomentando así mesmo tanto a adquisición como a mellora de determinadas habilidades sociais e motoras, é xerar oportunidades que favorezan especialmente a conciliación dos tempos laborais e familiares entre a poboación do noso concello.

Nos obradoiros, impartidos nesta ocasión, por monitores especializados pertencentes a unha empresa contratada polo Concello de Laxe, poderán participar todos aqueles nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos e neles atoparán diferentes tipos de manualidades, xogos e actividades predeportivas cada día.

Ao tratarse de xornadas con número de prazas limitadas, para poder participar nas mesmas, será requitisito imprescindible a previa inscrición. Para solicitar máis información e/ou tramitar a inscrición, débese contactar co Departamento de Cultura por teléfono -981 70 69 71- ou correo electrónico – cultura@concellodelaxe.com-. Será preciso facilitar os seguintes datos do/a menor que se queira inscribir: nome e apelidos, idade, número de teléfono de contacto, así como algunha observación que deba ser tida en conta polo persoal que atenderá aos/ás menores (pex: alerxias, enfermidades… ou outros).

11 de marzo de 2013 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.