Aberto o prazo para solicitar as actuacións da rede cultural da Deputación
O Concello de Frades informa de que dende hoxe, venres 8 de marzo, está aberto o prazo para que as asociacións e os Concellos da provincia soliciten as actuacións dos grupos inscritos na Rede Cultural da Deputación da Coruña. Un prazo que estará aberto ata o vindeiro 27 de marzo.
Todos os datos das agrupacións artísticas que participan nesta nova edición da Rede Cultural poden consultarse na páxina web da Deputación da que forman parte 1.760 agrupacións, tanto profesionais como non profesionais. A Deputación asumirá o 70% do gasto xerado pola contratación destes grupos no caso de concellos como Frades. Os impresos de solicitude poden atoparse no Concello de Frades, na web da Deputación e na sede provincial.











