Aberto o prazo de reserva de praza das Escolas Infantís para o curso 2013/14
Descrición: A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar anuncia a apertura do prazo para a reserva, preinscrición e matrícula das Escolas Infantís de Carballo: As Landras e A Braña. Como novidade deste ano, a documentación para optar ao cheque infantil presentarase de forma simultánea coa solicitude de praza nas escolas. Deste xeito, unha vez que a Consellería de Traballo e Benestar publique a convocatoria do cheque infantil, as familias xa terán presentada a documentación e axilizarase a súa tramitación.
Os interesados e interesadas poden descargar a resolución da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, así como a documentación relacionada nesta mesma convocatoria en formato pdf.
Destino: Serán requisitos imprescindibles para ser adxudicataria/o de prazas nas escolas infantís 0-3 xestionadas polo Consorcio:
– Que a/o nena/o estea nada/o no momento da presentación da solicitude
– Que teña unha idade mínima de tres meses no momento do ingreso
– Que non teña cumpridos os tres anos de idade ao 31 de decembro de 2013.
Non obstante, poderá eximirse do límite de idade dos 3 anos ás nenas e aos nenos con necesidades específicas de apoio educativo, logo da emisión do ditame do equipo de orientación específica da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura , Educación e Ordenación Universitaria correspondente , a petición das/os nais/pais ou representantes legais e a través da escala onde soliciten a praza.
Para a reserva de praza é requisito imprescindible estar ao corrente no pagamento das cotas mensuais na data de presentación da solicitude.
Finalidade: Lugar de presentación das solicitudes .
– As solicitudes de novo ingreso xunto con toda a documentación requirida presentaranse na escola para a que se solicita a praza. No caso do Concello de Carballo, as direccións e horarios son os seguintes:
“A Braña”: Rúa Xoana de Vega, s/n, 15100 Carballo. Teléfono: 981 755 188. Horario de apertura do centro: De 7.30 a 20.30 horas.
“As Landras”: Estrada de Razo, s/n,15100 Carballo. Teléfono: 981 755 912. Horario de apertura do centro: De 7.30 a 19.30 horas.
– No suposto de reserva de praza no que se solicite unha escola distinta a aquela na que estea matriculada a/o nena/o, a solicitude presentarase nesta escola, indicando o centro para o que solicita a reserva de praza. lsto tamén será de aplicación cando se trate de escolas nun mesmo concello.
Prazo: Segundo se sinala na resolución, o prazo para a presentación de solicitudes de renovación de praza ou de novo ingreso será dende o 21 de febreiro e até o 20 de marzo ambos os dous incluídos.
Adxudicación: As listas provisionais de admitidos publicaranse o día 2 de maio e as listas definitivas, o día 27 de maio. O prazo para formalizar a matrícula dos nenos e nenas admitidos será dende o 28 de maio ata o 12 de xuño.











