Aberta a inscrición para os campamentos de verán da Deputación de Pontevedra
O Concello de Nigrán, a través da OMIX, lembra que o prazo para a inscrición nos campamentos organizados pola Deputación de Pontevedra na Lanzada xa está aberto. Este campamento está destinado a nenos e nenas nacidos entre os anos 2000 e 2005, ambos os incluídos. O prazo de inscrición permanecerá aberto até o próximo cinco de abril.
Tamén está aberto o prazo de inscrición para os campamentos polideportivos Príncipe Felipe, destinados a nenos e nenas nacidos entre os anos 1999 e 2006, ambos os incluídos. O prazo de inscrición permanecerá aberto até o próximo 19 de abril.
Para máis información e/ou inscrición chamar á OMIX de Nigrán, na Estrada pola Vía, 65 (Antiga Estación de Tranvía), en Panxón, ao teléfono 986 383 081 ou no e-mail: omixnigran@nigran.org.











