Aberta a inscrición para as actividades da Concellaría de Patrimonio Histórico
A Concellaría de Patrimonio Histórico, que xestiona Luís Bará, abre mañá a inscrición para participar nas distintas actividades que organiza este departamento municipal no segundo trimestre do ano.
As persoas interesadas en participar na Viaxe de coñecemento a Terras de Montes poderán inscribirse no correo electrónico patrimoniocultural@cultura.eu ou no vestíbulo da Alcaldía (Michelena, 30 3º andar) indicando nome, apelidos, teléfono, correo electrónico, e de ser o caso, asociación ou entidade á que pertence.
A viaxe será o vindeiro 6 de abril. A saída será en bus ás 09.30 horas dende Pontevedra, e retornarase sobre as 21.00 horas. Visitarase Aciveironacemento do Lérez, Ponte vella de Andón, Centro Etnográfico de Terra de Montes (Soutelo), Caiño de Sarmiento en Cerdedo, Pedre…
O número de prazas é 50. As persoas que desexen ir deberán indicar se queren o xantar incluído que terá un custe de 15 euros.
II Xornadas sobre Patrimonio Rural
Tamén mañá se abre o prazo para a inscrición nas II Xornadas sobre patrimonio rural que nesta edición abordará o Patrimonio, territorio e
desenvolvemento. Serán os días 12 e 13 de abril na Misión Biolóxica.
A inscrición será polos mesmos cauces que na viaxe a Terra de Montes.











