publicidade hoxe

Abegondo convoca aos veciños para unha foto multitudinaria publicitaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondoCalendarioLocalLocal Portada
A-
A+

O Concello de Abegondo fixo os seus deberes para contar cunha ordenación urbanística que propicie o crecemento do municipio. Tras a
entrada en vigor do Plan Xeral e a aprobación no pleno da ordenanza para o desenvolvemento urbanístico, Abegondo está en condicións de recibir novos cidadáns.

O goberno local optou polo modelo da vivenda unifamiliar, nun entorno sostible, coas bondades da natureza e tranquilidade propias de Abegondo. A próxima apertura da Terceira Rolda propiciará unha conexión co centro da cidade da Coruña en 15 minutos. En definitiva, unhas características ideais para vivir, que o Concello quere potenciar. Por iso, prepara unha campaña publicitaria que anime a facer de Abegondo o lugar de residencia. Esta campaña terá unha imaxe de referencia: unha fotografía multitudinaria dos propios veciños de Abegondo.

Para realizala, o Concello convoca aos veciños interesados en participar para este domingo, 24 de marzo, ás 12.00 horas no campo da feira de San Marcos. O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, amósase convencido do éxito que terá a proposta que fai o Concello, un “novo concepto” de residencia na área metropolitana.

22 de marzo de 2013 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.