A Xanela da Muller Rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVedra
A-
A+

Este sábado 23 de marzo ás 19.00 h no Centro Social da Terceira Idade a Asociación Berenguela pola Igualdade continúa a súa programación  “A XANELA DA MULLER RURAL”

Nesta ocasión o faladoiro terá como temática … A MULLER NA CASA. A través do obradoiro “Creando liñas de vida” desenvolvido pola  especialista en igualdade de xénero Sandra Barros Barcala, pretendese presentar a evolución no papel da muller no ámbito privado.

Trátase dunha iniciativa aberta a todos os públicos, asíque non o dubides, achégate e participa!!

Por outra banda, esta fin de semana remata …TEATROFILIA 2013

Esta fin de semana A Asociación Cultural Papaventos proponche a seguinte programación no Centro Social da Terceira Idade de Vedra:

Venres 22 de marzo:

– Ás 21.15 h. Aula de Teatro USC (Santiago de Compostela)

coa obra “ Agamenón. volvín do supermercado e deille unha malleira a meu fillo” (Para público maior de 13 anos)

Sábado 23 de marzo:

– Ás 21.15 h. GALA X ANIVERSARIO (TP)

Domingo 24 de marzo:

– Ás 16:15 h. Tarde Infantil:

–  Grupo de Teatro da A.C. Cotomanguelo (Orazo) coas obras “Faladores”  e “Puchiño vermello”

– Nenos de San Miguel de sarandón coa obra “Facemos Teatro?”

– Tira e Afloxa Cativos (San Pedro de Vilanova) coa obra “Todo era un conto”

– Ás  19:15 h:

– NNC Teatro “(Santiago de Compostela) coa obra “Pim,Pam,Pum” (TP)

*Desta maneira remata a X Mostra de Teatro Amador de Vedra da Asociación Cultural Papaventos á que lle enviamos os nosos parabéns!!

HORARIO DA OFICINA DE TURIMO DE VEDRA EN   SEMANA SANTA:

– Do 27 ao 31 marzo estará aberta de:

11.00 a 14.00 h e de 16.00 a 18.00 h

* Nela recibirás toda a información turística do concello que precises.

*Tamén podes chamar ao 981 512 482

22 de marzo de 2013 | 20:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.