A Unidade Móbil da ITV para ciclomotores visita a Praza do Concello carballés
O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Seguridade e Tráfico que dirixe Xosé Regueira, informa de que o venres 22 de marzo de 2013, a Unidade Móbil da Inspección Técnica de Vehículos (ITV) para ciclomotores (de dúas rodas e máis de tres anos e para motos e quads de máis de catro anos) estará situada na Praza do Concello. O horario de atención ao público para realizar a inspeccións é de 9.00 a 13.30 horas. Asignarase día e hora de atención ao público directamente na Unidade Móbil desde o primeiro día de chegada á vila.











