A policía local de Ferrol realizou un dispositivo especial de vixilancia e seguridade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

A Xefatura de Policía Local de Ferrol informou hoxe sobre os resultados do dispositivo especial de vixilancia e seguridade que se levou a cabo na madrugada do sábado ao domingo. Concretamente, os axentes realizaron controis na praza de España, entre as 01:00 e as 02:30 horas, e na Praza do Callao, entre as 05:00 e as 07:45 horas. Os controis consistiron por un lado, no establecemento de dous vehículos co obxectivo de detectar conducións baixo os efectos de bebidas alcohólicas ou de drogas; e por outro lado, intensificar o control sobre os establecementos públicos, especialmente os horarios de peche e os desordes  que se puideran producir.

En canto aos resultados, os gardas locais controlaron un total de 111 condutores. Dos condutores examinados un 7,2 % deron positivo por alcohol ou drogas. No que atinxe ao sexo do total de condutores examinados, o 31% eran mulleres, cunha media de idade de 33 anos; e dentro dos positivos este grupo representou o 33% dos positivos en alcohol Ningunha delas amosou resultados positivos en drogas. Mentres que un 69% dos condutores examinados foron homes, representando un 66% dos positivos en alcohol e un 100% dos positivos en drogas, concretamente en opiáceos e en cannabis.

En resumo, foron tramitados dous atentados por presuntos delitos contra a seguridade viaria e seis denuncias administrativas -catro por alcohol con taxas superiores ás establecidas; e dúas por condución baixo os efectos de estupefacientes-. Todas elas coas correspondentes detraccións de puntos de permiso de condución. Ademais, como medidas complementarias, foron inmobilizados tres vehículos e interpostas outras catro denuncias administrativas. Os motivos das mesmas foron: una denuncia por conducir un vehículo a motor cun permiso dunha clase que no lle corresponde e tres denuncias por non empregar o condutor dun vehículo o cinto de seguridade.

Seguridade cidadá

No que atinxe á seguridade cidadá, os gardas locais tiveron numerosas intervencións. Así, sobre as 2:00 da madrugada do pasado sábado, a Policía Municipal  procedeu á detención a catro mozos como presuntos responsables dun delito de danos nun vehículo estacionado no barrio da Magdalena.  A actuación foi motivada por un cidadá que foi quen alertou aos gardas que se presentaron con rapidez no lugar dos feitos e procederon á detención dos mozos nas inmediacións da praza de España. Trala identificación, os sospeitosos foron postos a disposición do xulgado de garda. Ademais, os axentes informaron ao propietario do vehículo do ocorrido, quen presentou a correspondente denuncia.

Ao respecto de actuacións vinculadas a problemas de orde público, salientar a presenza dos axentes locais ás 3:00 horas nas inmediacións da rúa Pardo Baixo onde un grupos de mozos realizaban un botellón. A segunda intervención policial polo consumo de alcohol na rúa tivo lugar sobre as 4:00 horas na intersección das rúas Sol e Coruña, procedéndose neste caso á identificación e denuncia por alteración da orde a un mozo de 22 anos veciño da cidade. Posteriormente, ás 04.30 horas os axentes tiveron que intervir nunha agresión entre varios mozos nas inmediacións da rúa Magdalena, procedendo a deter a un deles; un mozo de 21 anos de orixe magrebí por causar destrozos nun retrovisor dun turismo estacionado na rúa Carmen.

Por último, levaron a cabo dúas denuncias a establecementos de ocio por incumprimento do horario de peche.

18 de marzo de 2013 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.