A OMS da a benvida ao Concello na Rede Mundial de Cidades Amigables coas Persoas Maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

A Organización Mundial da Saúde remitiu ao Concello de Ourense a aceptación e benvida da súa petición de entrada na Rede Mundial de Cidades e Comunidades Amigables coas Persoas Maiores (GNAFCC). Coma membro desta rede, a cidade de Ourense pasa a formar parte dun movemento mundial en expansión, de cidades que están traballando por atender mellor as necesidades daquelas persoas de idade avanzada.

O Concello, no seu compromiso e aposta coas políticas sociais, identifica esta aceptación coma un premio ás súas políticas a prol daqueles colectivos que máis o necesitan, entre os que se atopan as persoas maiores.

A solicitude de adhesión, así coma o seu trámite xorde do consello Municipal de Persoas Maiores, que trassladou ao Pleno do Concello de Ourense o 5 de febreiro deste ano, a instancia do Bloque Nacionalista Galego a través dunha moción.

Este consello, constituído formalmente en marzo de 2010 pretende asesorar ao Concello e realizar propostas en materia de atención e servicios sociais con carácter consultivo, permanente e asesor, tentando mellorar o nivel de benestar social, así como a integración e autonomía das persoas maiores da cidade e fomentar e desenvolver o asociacionismo e a súa participación, potenciando e coordinando accións entre as institucións e entidades neste senso.

A Rede valora a Ourense como unha cidade amigable cos seus maiores nun entorno urbán integrador e accesible que fomenta un envellecemento activo. Avalíase a calidade de vida das persoas maiores nos edificios ao ar libre, transportes, a súa importancia e nivel de participación, respeto, participación civíca, comunicación e servicios de saúde.

A Rede establecerá entre as cidades participantes intercambios e prácticas óptimas, fomentará intervencións apropiadas, sostibles e eficaces e proporcionará apoio técnico e capacitación para os integrantes da Rede.

A concelleira de Benestar Social e Saúde, Marga Martín, valorou esta adhesión como unha “oportunidade para a cidade de amosar as nosas políticas sociais e aprender de doutros territorios para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”

12 de marzo de 2013 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.