A oficina de turismo de Fene abre as súas portas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFeneLocal
A-
A+

Desde mañá, xoves 28 de marzo e até o domingo 31 de marzo, a oficina de información turística do Concello de Fene emprazada na Avenida Naturais estará aberta ao público.

Horario:

Mañá: 11.00 a 13.00 horas

Tarde: 17.00 a 19.00 horas.

Teléfono: 981 34 40 82

Coa apertura da oficina de turismo dárase un servizo de acollida, orientación e asistencia aos visitantes, facilitándolles información turística, así como sobre as actividades culturais, artísticas ou deportivas que se desenvolverán no noso concello ou na comarca, organizadas ou non pola nosa entidade municipal.

Distribuíranse por primeira vez os folletos informativos do VEN A FENE 2013 coas festas e actividades que o Concello de Fene e as entidades asociativas do municipio realizarán durante o ano 2013.

Así mesmo dárase información sobre a Semana Santa Ferrolá.

27 de marzo de 2013 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.