A obra “El Misterio del Cristo de los Gascones” visita Ourense este sábado
A igrexa de Santa María Nai será escenario da representación do Auto de Pasión segoviano El Misterio del Cristo de los Gascones. Será o vindeiro sábado día 23 ás 20.00 h, e a entrada é de balde.
A obra creouse fai seis anos a raíz dun encargo da Xunta de Cofrarías de Segovia para celebrar o centenario da procesión máis famosa, a procesión dos pasos do Venres Santo. Desde esas, El Misterio del Cristo de los Gascones, converteuse no espectáculo máis emblemático da compañía Nao d´amores – dirixida por Ana Zamora, e un colectivo de profesionais procedente do teatro clásico -, e transitou con gran éxito o repertorio prebarroco español.
Desde a súa estrea, non parou de recibir premios, e xirar por Europa e América. Esta adaptación parte da antiga representación da Pasión de Cristo, un espectáculo que nos mergulla no teatro primitivo desde unha visión contemporánea, cunha recreación libre da ceremonia litúrxica que debía representarse na Igrexa de San Justo, en Segovia, en tempos medievais. A obra hereda o seu título do protagonista daquelas representacións do medievo e o renacemento, o Cristo de los Gascones, unha talla articulada de madeira, que normalmente, colgado do prebisterio, baixaba para ilustrar os pasaxes bíblicos aos fieis. A talla converteuse nunha das pezas máis significativas do patrimonio románico español.
Este tipo de espectáculos, a medio camiño entre o teatro e a liturxia relixiosa, recibían o nome de “misterios”, e no seu día naceron cunha función máis didáctica que moralista, máis habitual nos autos sacramentais. Séculos despois, a compañía Nao D´amores indaga en cancioneiros e textos históricos e recupera esta peza do teatro primitivo, para ilustrar os seus oríxes.
Máis información na web:
http://www.naodamores.com/marcos/Dosier%20Cristo/dosier%20cristo%20presentacion.html











