A obra de Verdi visita este sábado o Auditorio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOurense
A-
A+

Esta mañá presentouse no Liceo a homenaxe a o compositor italiano Verdi, que terá lugar o vindeiro sábado 16 ás 20.30 h no Auditorio Municipal, con prezos de 15 € e 12 €.

O espectáculo denominado Viva Verdi está concevido coma unha homenaxe ao gran compositor italiano Giuseppe Verdi (Le Roncole, Parma 10 de outubro de 1813 – Milán, 27 de xaneiro de 1901) no 200 aniversario do seu nacemento. No seu tempo Verdi non foi somentes un músico popular, senón o espíritu do Risorgimento, o movemento independentista e de unidade de Italia.

Na presentación, estivo a Concelleira de Cultura, Ana Garrido, o director da obra, Miguel Ángel Martínez Montés, e a directora da Coral do Liceo, Yolanda Grela Betoret. Miguel Ángel Martínez Montés, destacou o fito que significa que esta representación se faga por primeira vez con orquestra. Desta forma, acompañados pola orquestra Clásica de Vigo, a obra introducirase nos tres bloques correspondentes as etapas máis álxidas da traxectoria de Verdi. O espectáculo tamén incluirá a proxección de imaxes.

As súas primeiras óperas reflexarán esas ideas revolucionarias, que se plasmarán sobre todo nas súas pezas corais “Va pensiero” de Nabucco e “Patria opressa” de Macbeth (ambas interpretadas neste espectáculo).

Unha vez obtida a independencia e coa Italia unida definitivamente, Verdi comezará a súa época máis madura, creando óperas de gran popularidade coma sen dúbida son: A traviata, Il trovatore e Rigoletto (cuxas arias e dúos máis coñecidos poderanse escoitar en “Viva Verdi”).

Unha oportunidade única de escoitar as pezas máis bellas e coñecidas da Obra de Verdi, con solistas de nivel internacional, arroupados pola prestixiosa Coral do Liceo de Ourense, baixo a dirección do mestre Miguel Ángel Martínez Montés.

14 de marzo de 2013 | 16:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.