A migraña será o tema das charlas de saúde na muller
As VI Xornadas de Prevención da Saúde na Muller centrarán mañá as actividades que continúan desenvolvéndose dende o CIM co gallo da conmemoración do 8 de marzo, “Día Internacional da Muller”.
Mañá impartirase a segunda das charlas nas que expertos en temas sanitarios abordan diferentes aspectos relacionados coa saúde na muller.
Este xoves día 21 de marzo, o Dr. Daniel A. García Estévez, do Servizo de Neuroloxía do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, ofrecerá a conferencia:
“Migraña e muller: a influencia das hormonas sexuais”
A charla desenvolverase a partir das 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura.











