A mesa de contratación propón adxudicar a limpeza de instalacións municipais á empresa SERALIA

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

A mesa de contratación do concurso convocado polo Concello para contratar o servizo de limpeza de instalacións municipais reuniuse esta mañá para realizar a ordenación decrecente das ofertas presentadas polas 13 empresas que se presentaron á convocatoria realizada polo Concello.

A ordenación decrecente ordea as propostas á vista dos criterios de adxudicación definidos no pliego de condicións do concurso,  publicado no Boletín Oficial do Estado de día 29 de setembro de 2012 e no Diario Oficial da Unión Europea de 19/09/12, que establecía as seguintes.

– Oferta económica: 75 puntos

– Programa funcional do servizo: 20 puntos

– Horas gratuítas que se ofrecen ao Concello: ata 5 puntos

Concurrían ao concurso as seguintes empresas:

ACCIONA FACILITIES SERVICES, S.A.

EULEN, S.A.

PROCEDIMIENTO DE ASEO URBANO PAU, S.A.

S.G. FERPESA, S.L.

ÉLITE GALLEGA, S.L.

FERROSER SERVICIOS AUXILIARES, S.A.

INSTITUTO DE GESTIÓN SANITARIA (INGESÁN)

LIMPIEZAS, AJARDINAMIENTOS Y SERVICIOS, SERALIA, S.A.

LIMPIEZAS DEL NOROESTE SAU (LINORSA)

CLECE S.A.

LACERA SERVICIOS Y MANTENIMIENTO, S.A.

SERVICIOS AUXILIARES DE MANTENIMIENTO Y LIMPIEZA S.L. (SAMYL, S.L.)

VALORIZA FACILITIES, S.A.U.

Á vista das valoracións realizadas polos técnicos municipais das ofertas técnica e económica das empresas, a mesa conclúe que a proposta máis
vantaxosa para o Concello é a realizada por Limpiezas, Ajardinamientos y Servicios, SERALIA, S.A.

O contrato ten un orzamento de 914.572 euros, IVE incluido, ao ano. Inclúe as diferentes dependencias municipais, preto dun cento de inmobles e espazos diferentes: Casa do Concello, oficinas das diferentes servizos municipais, bibliotecas, cemiterios, rede de centros cívicos, unidades de servizos sociais, garderías, entre outros.

A proposta de ordenación decrecente das ofertas será presentada á Xunta de Goberno Local para a súa aprobación. Requerirase entón ao licitador que presentara a oferta máis vantaxosa para o Concello para que achegue a documentación administrativa e garantía precisas para proceder á adxudicación do contrato, tamén por parte da Xunta de Goberno Local.

18 de marzo de 2013 | 16:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.