A mesa de contratación fai unha proposta para o equipamento do antigo hospicio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

A Mesa Permanente de Contratación do Concello de Ferrol procedeu hoxe á facer a proposta de adxudicación da subministración do equipamento de primeira instalación para o edificio do antigo Hospicio, cuxas obras de rehabilitación en primeira fase completou o goberno municipal que preside Jose Manuel Rey Varela o pasado mes de novembro tras un investimento de 1,3 millóns de euros. Despois de que os técnicos municipais analizaran as ofertas presentadas polas dúas firmas que concorreron a este procedemento de contratación, a Mesa de Contratación decidiu hoxe elevar como proposta de adxudicación a  “Suministros Técnicos de Galicia S.L” .

A contía económica para acometer os traballos de equipamento do antigo Hospicio que presentou a devandita compañía ascende a un total de 67.760 euros (21% de IVE engadido). Unha vez pechada a proposta de adxudicación, “Suministros Técnicos de Galicia S.L” terá agora que responder aos requirimentos administrativos que lle fagan os servizos municipais de Contratación, antes de a adxudicación definitiva por parte da Xunta de Goberno Local.

A próxima contratación do equipamento do antigo Hospicio é un paso máis que da o actual executivo ferrolán para poñer a disposición da cidadanía un inmoble de gran valor arquitectónico e histórico. As obras de rehabilitación permitiron devolver o esplendor a un inmoble protexido catalogado no Plan Especial da Magdalena, poñendo en valor e recuperando elementos orixinais do mesmo como os piares de forxas, os vellos pozos de abastecemento do complexo, a escada, as paredes de zinc, etc. Dentro da intervención feita destaca o feito de que se dotara ao edificio dun ascensor panorámico. Así mesmo, nas súas tres plantas distribúense diferentes espazos para aulas, biblioteca, salón de actos, etc…

Servizo de vixilancia e complementarios

Por outra banda, a Mesa de Contratación Permanente do Concello de Ferrol tamén fixo hoxe a súa proposta de adxudicación para o Servizo de vixilancia e servizos complementarios para os centros e instalacións municipais. Nese caso a oferta que recibiu  a maior puntuación entre as tres recibidas pola Administración ferrolá foi a que presentou a Unión Temporal de Empresas (UTE) formada por “Eulen Seguridad e Eulen S.A”, que propuxo a execución do contrato por unha cantidade de 311.470 euros ao ano (sen IVE).

Ao igual que no caso do equipamento do inmoble do antigo Hospicio, o servizo de vixilancia e complementarios tamén é unha proposta de adxudicación. Polo tanto, antes de ir a Xunta de Goberno Local a UTE antes sinalada deberá cumprir cos requirimentos administrativos que se lle fagan dende o servizo municipal de Contratación.

1 de marzo de 2013 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.