A Mesa de Contratación fai unha proposta de adxudicación para a demolición do Bambú-Club

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

A Mesa Permanente de Contratación do Concello de Ferrol procedeu hoxe a facer a proposta de adxudicación dos traballos de demolición do edificio municipal do antigo Bambú Club, situado na estrada de Castela número 6 (barrio de Recimil). Despois de que os técnicos municipais analizaran as ofertas presentadas polas cinco firmas que concorreron a este procedemento, o organismo de Contratación da Administración local decidiu hoxe elevar como proposta de adxudicación da intervención a Xestión Ambiental de Contratas.

A oferta económica de Xestión Ambiental de Contratas para acometer os traballos de derrubamento do antigo Bambú Club ascende a un total de 108.334,46 euros (co 21% de IVE engadido). Esta cifra supón unha rebaixa sobre o orzamento de licitación, que ascendía a 155.594 euros. Unha vez pechada a proposta de adxudicación, a empresa escollida terá agora que responder aos requirimentos administrativos que lle fagan a unidade de Contratación do Concello de Ferrol, antes da adxudicación definitiva por parte da Xunta de Goberno Local.

O concelleiro responsable da Área de Medio Ambiente e Urbanismo, Guillermo Evia Pérez, lembrou que esta intervención responde á necesidade e urxencia de garantir a seguridade neste contorno de Recimil. O antigo Bambú Club presenta un estado de ruina que aconsella o seu derrubamento, o cal conta coa autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.

15 de marzo de 2013 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.