A ludoteca de Ponte Caldelas amplía o seu horario en Semana Santa mañá e tarde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPonte Caldelas
A-
A+

A ludoteca municipal do Concello de Ponte Caldelas organizou o horario de Semana Santa que comeza hoxe luns 25 de marzo ata o luns 1 de abril, co obxectivo de dar máis servizo durante o período vacacional escolar. As actividades das que poderán gozar son: un cuentacuentos relacionado coa Semana Santa, un taller de postais de felicitacións de Pascua, manualidades, taller de inguas con vocabulario relativo a estas datas e diversas actividades e xogos.

Desta forma estableceuse xornada de mañá e tarde en horarios de 10,30 a 14 horas e 16,30 a 20 horas respectivamente. Durante todo o inverno coincidindo co curso escolar a ludoteca mantén un funcionamento en horario de tarde compatible co colexio, no que participan permanentemente 40 nenos de entre 3 e 11 anos, existindo mesmo unha lista de espera.

O Alcalde valora moi positivamente este servizo de ludoteca que dende hai 8 anos se puxo en funcionamento de xeito regular e que actualmente se sitúa nas novas instalacións do centro lúdico infantil construído na Praza Frai Antonio Orge.

Para Perfecto Rodríguez, “con esta medida preténdese seguir ofertando servizos aos veciños do municipio, que como neste caso pretenden axudar a compatibilizar a vida laboral e familiar dos pais,”.

25 de marzo de 2013 | 12:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.