A Laracha e Ecovidrio facilitarán a reciclaxe de vidro ao sector hostaleiro

Reunión na Casa Consistorial
O Concello da Laracha presentou hoxe o sistema Vacri de recollida selectiva de vidro, na que estiveron presentes o alcalde, José Manuel López Varela, o Concelleiro de Medio Ambiente, José Ramón Martínez Barbeito, así como os xerentes de Ecovidrio Germán Fernández Freire e Francisco Maya.
Con este sistema de recollida selectiva, que estará en pleno funcionamento dende a próxima semana, o Concello da Laracha e a sociedade Ecovidrio pretenden facilitar ao sector da hostelería a reciclaxe do vidro instalando colectores Vacri, que están adaptados para depositar os envases nunha única manobra, volcando directamente todo o contido do cubo no iglú.
Durante esta semana a sociedade Ecovidrio está colocando os colectores nos cascos urbanos. Así colocaranse seis iglús na Laracha, dous en Paiosaco e outros dous en Caión para atender a un total de 45 locais hostaleiros, ademáis de repartir a aqueles locais que o solicitaran un cubo rodante adaptado ao novo sistema de recollida ademais de información que axude ao hostaleiro a reciclar e unha pegatina que identificará os locais adheridos ao programa.
Con esta medida, o Concello da Laracha e Ecovidrio realizan unha importante aposta dirixida a aumentar a cantidade de material que se recolle nos iglús verdes para súa reciclaxe o que redundará nun aforro no traslado e tratamento de residuos que dende este Concello se envían a Sogama. Neste sentido é fundamental reforzar a implicación de todo o sector hostaleiro en especial, pero tamén da veciñanza en xeral que durante o pasado ano reciclou 158.360 kilogramos de vidrio, o que supón unha media de 14 kg de vidrio por cidadán e que sitúa a este concello por encima da media galega no que ao reciclaxe de vidro se refire.











