A Laracha e a confraría de pescadores de Caión asinan convenio de colaboración para 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaLocal
A-
A+
Sinatura do convenio

Sinatura do convenio

José Manuel López Varela, Alcalde da Laracha, e Evaristo Lareo, Patrón Maior e Caión, rubricaron o convenio de colaboración para o ano 2013 entre o Concello e a Confraría de Pescadores da localidade costeira.

O acordo establece que o Concello da Laracha concede unha subvención de 5.000 euros, xa contemplada nos orzamentos municipais, dirixida a sufragar os custos do funcionamento e mantemento (gastos en persoal, limpeza, electricidade, etc.) do museo do Arquivo da Pesca, situado precisamente no baixo do edificio do pósito.

O museo do Arquivo da Pesca, que é titularidade da Confraría de Pescadores de Caión, foi creado co financiamento do Concello da Laracha e do Grupo de Acción Costeira (GAC) da Costa da Morte. A súa dirección corresponde ao historiador local Marcos Amado.

O horario de apertura durante o inverno é os domingos de 17 a 19.30 horas, existindo a posibilidade de realizar visitas de grupos de luns a venres concertando cita previamente. A entrada no museo é gratuíta.

22 de marzo de 2013 | 20:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.