A Igrexa de Santa María Nai acolle a cerimonia litúrxica “Misterio del Cristo de los Gascones”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOurense
A-
A+

A igrexa de Santa María Nai será escenario mañá, a partir das 20.00 h -con entrada libre e gratuíta-, da recreación da cerimonia litúrxica do Misterio del Cristo de los Gascones, unha adaptación que parte da antiga representación segoviana da Pasión de Cristo. A presentación do espectáculo, tivo lugar esta mañá no Salón de Plenos, e a ela asistiron a concelleira de Cultura, Ana Garrido, o Deán da Catedral, Serafín Marqués Gil, a directora da obra, Ana Zamora, e a directora musical, Alicia Lázaro.

El Misterio del Cristo de los Gascones creouse fai seis anos a raíz dun encargo da Xunta de Cofrarías de Segovia para celebrar o centenario da procesión máis famosa, a procesión dos pasos do Venres Santo. Desde entón, a obra converteuse no espectáculo máis emblemático da compañía Nao d´amores – que dirixe a propia Ana Zamora, xunto cun colectivo de profesionais procedente do teatro clásico -, que fai un percorrido polo repertorio prebarroco español.

A través dunha dramaturxia realizada a partir de textos históricos de diversa procedencia, mediante a investigación e interpretación en directo de pezas musicais que poderon articular unha cerimonia deste tipo, Nao d´amores desenvolveu unha posta en escea que combina o traballo actoral co teatro de títeres.

Desde a súa estrea, non parou de recibir premios, e xirar por Europa e América. Esta adaptación parte da antiga representación da Pasión de Cristo, un espectáculo que nos mergulla no teatro primitivo desde unha visión contemporánea, cunha recreación libre da ceremonia litúrxica que debía representarse na Igrexa de San Justo, en Segovia, en tempos medievais. A obra hereda o seu título do protagonista daquelas representacións do medievo e o renacemento, o Cristo de los Gascones, unha talla articulada de madeira, que normalmente, colgado do prebisterio, baixaba para ilustrar os pasaxes bíblicos aos fieis. A talla converteuse nunha das pezas máis significativas do patrimonio románico español.

Este tipo de espectáculos, a medio camiño entre o teatro e a liturxia relixiosa, recibían o nome de “misterios”, e no seu día naceron cunha función máis didáctica que moralista, máis habitual nos autos sacramentais. Séculos despois, a compañía Nao D´amores indaga en cancioneiros e textos históricos e recupera esta peza do teatro primitivo, para ilustrar os seus oríxes.

22 de marzo de 2013 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.