A gastronomía confírmase en Xantar como elemento identitario e referente turístico de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXantar 2013
A-
A+
Inauguración de Xantar

Inauguración de Xantar

XANTAR abre as portas da súa decimocuarta edición consolidado como unha plataforma de promoción da calidade do sector primario galego e posicionando á nosa gastronomía como elemento identitario, referente cultural, reclamo turístico e tamén como elemento dinamizador da economía. Con estas palabras definía ó salón vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, durante ó acto inaugural desta mañá no que tamén destacou que “a nosa comunidade ten un sector primario capaz de ofrecer productos únicos cunha calidade diferenciada, e que ofrecen fora das nosas fronteiras a mellor imaxe de Galicia nos mercados exteriores”. Comezan así cinco días de intensa actividade que teñen o obxectivo de dinamizar o turismo de proximidade coa gastronomía como principal reclamo e motivación.

XANTAR reforzou tamén ensta xornada os seus lazos con Perú. Grazas á presenza do embaixador deste país en España e dunha ampla delegación de representantes peruanos do sector da hostalería, ábrense novas vías de negocio para fomentar a cooperación iberoamericana creando redes turísticas e culinarias sostibles que poden supoñer novas oportunidades para as empresas galegas.

O vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, estivo acompañado neste acto inaugural pola directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro, pola tenente alcalde de Ourense, Marga Martín, e polo presidente do comité executivo de Expourense, Celso Barbosa, entre outras autoridades.

O pregón desta edición correu a cargo da membro da Real Academia de Gastronomía, Coordinadora da Guía Repsol e presidenta da Cofradía de la Buena Mesa, Ymelda

Moreno de Arteaga, que indicou que “Galicia é unha terra moi consciente do seu legado histórico, cun gran valor na súa cociña tradicional baseada, sobre todo, na extraordinaria calidade da súa despensa que ofrece materias primas que se merecen chegar ó comensal o más fieles posibles ó seu estado original. Sempre pensei que, por moito que se intente, é moi difícil mellorar uns percebes…”

Hoxe tamén deu comezo a parte máis profesional do salón coa apertura do VIII Encoentro Ibérico sobre Dieta e Saúde que correu a cargo do delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez, quen indicou que “durante cinco días aprenderemos cómo sacarlle o mellor rendemento posible aos produtos galegos, ricos, variados, saudables pero tamén lles abrimos as portas ás comunidades e do país convidado para coñecelas mellor a través da súa cociña”. Durante a xornada de hoxe impartíronse xa varios obradoiros vencellados ó país convidado, Perú, como o de ceviche e de turrón de pisco e outros relacionados a produtos tan galegos como a lamprea. A Consellería de Sanidade tamén presentou hoxe os seus programas vencellados á dieta sana como “Xente con vida” ou “Comer con saúde”.

Entre as presentacións que tamén tiveron lugar hoxe destacou a do partido entre o COB e o CB Breogán que se desputará este sábado e co que se organizaou unha acción para atraer aos siareiros lucenses ata Xantar para gozar dunha xornada gastronómica antes de gozar do partido. Por outra parte, a concelleira de Medio Ambiente de Ourense, Susana Bayo, presentou o novo sistema e os novos contedores de recolección de vidro, Ecovidro, creados para a hoatelería, que xenera en España o 50% do total de vidro reciclado.

A xornada de hoxe rematará cun acto de recoñecemento aos chefs galegos que contan con Soles Repsol e Estrelas Michelín.

No referente á restauración, lembrar que Xantar ofrece estes cinco días, en horario de 12 da mañá a 1 de noite, 19 resturantes con maís de 30 menús comprendidos entre os 12 e os 30 euros baseados nos seus produtos autóctonos e de calidade e cunha ampla oferta de menús infantís e tamén aptos para celíacos.

6 de marzo de 2013 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.