A Fábrica acolle o pase da película «Concepción Arenal, a visitadora de cárceres»
Mañá 9 de marzo ás 20:30 horas na Fábrica de Perillo, e dentro do programa de actos que conmemoran o Día Internacional da Muller Traballadora, emitirase a película Concepción Arenal, a visitadora de cárceres. O filme narra a loita de Concepción Arenal como visitadora de
cárceres na España do século XIX e afonda no seu traballo a prol dos dereitos humanos ata lograr cambiar a perspectiva da sociedade sobre os máis desfavorecidos e mellorar as súas condicións de vida. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.











