A estrada entre A Cascalleira e o cemiterio de Calo será de dirección única

Estrada na que se efectuou o cambio
A Concellaría de Servizos Básicos, dirixida por Xurxo Francos, informa que dende esta media noite a estrada que une a Cascalleira co cemiterio de Calo será de dirección única. Durante esta xornada persoal da brigada de obras municipal traballou no vial pintando sinais indicando a dirección e na noite de hoxe quedarán descubertas as sinais verticais que indican o mesmo.
Este carretera percorre o perímetro do colexio de Calo e é moi usado por toda a comunidade escolar. Precisamente foi unha petición do Consello escolar do CEIP de Calo o que determinou este cambio, pasando a estrada de dobre dirección a dirección única. A medida realízase para mellorar a seguridade viaria na zona, con moito tránsito precisamente polo centro escolar. No entorno tamén está o cemiterio, ademais do pavillón municipal de Calo e a escola infantil municipal.











