publicidade hoxe

A Deputación achega 70.000 euros para o acondicionamento da rede viaria municipal de Coirós

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCoirósLocalProvincias
A-
A+

O presidente da Deputación, Diego Calvo, asinou esta mañá co alcalde do Concello de Coirós, Francisco Quintela, o convenio que ten como obxecto a mellora da rede viaria municipal.

O acordo asinado hoxe na sede da institución provincial formaliza unha achega de 69.947,42 euros, unha axuda que cubrirá o 100% do orzamento previsto para esas actuacións.  

Tras a sinatura do acordo, o alcalde mostrouse “moi agradecido pola colaboración da Deputación”, e explicou que “o arranxo dos camiños e as pistas municipais é un asunto prioritario agora no noso concello”.

Engadiu, por outra parte, que “moitos viais atópanse en mal estado debido as fortes choivas dos últimos meses”, polo que insistiu na necesidade das actuacións, tanto no caso de novos asfaltados como no caso de obras de recuperación, que se acometerán grazas á colaboración da Deputación Provincial da Coruña.

18 de marzo de 2013 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.