A Concellería de Xuventude abre o prazo para as propostas da nova edición do Proxecto Ardora

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

A Concellería de Xuventude do Concello de Ferrol, que dirixe Borja Carro Muñoz, está preparando unha nova edición do programa Ardora. Xuventude retomará esta iniciativa de actividades xuvenís en abril; e, unha vez máis, o edil Carro Muñoz abre á participación de entidades xuvenís, empresas e particulares a elaboración da nova programación do Ardora.

As entidades e asociacións xuvenís, empresas de ocio e tempo libre e particulares en xeral poden presentar as súas iniciativas e proxectos de obradoiros, cursos e actividades no Rexistro do Concello de Ferrol dende mañá, día 7 de marzo, e ata o 26 de marzo (incluído). Os interesados deben entregar os seguintes documentos: identificación da persoa ou entidade que fai a proposta; nome e resumo da actividade; obxectivo da mesma; presuposto e número de beneficiarios.

6 de marzo de 2013 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.