A Concellería de Igualdade inicia esta semana o “Obradoiro en corresponsabilidade doméstica”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

A Concellería de Igualdade do Concello de Ferrol, que dirixe Verónica Casal Míguez,, informa de que pasadomañá, mércores, comezará o “Obradoiro en Corresponsabilidade Doméstica”. A actividade, de carácter gratuíto, desenvolverase  na Casa da Muller en catorce sesións que terán lugar  os luns e mércores, de 17.30 a 20.00 horas. O prazo para inscribirse remata hoxe.

A edil Verónica Casal sinalou que “a actividade pretende que tanto homes coma mulleres poidan adquirir os coñecementos necesarios relacionados con tarefas domésticas e cotiás e que lles permita manter a súa autonomía persoal en situacións de falta de apoio no domicilio ou en procesos de emancipación”. As catorce sesión do obradoiro -cunha duración de 35 horas- buscarán fomentar actitudes en pro da igualdade e a destrución de todos aqueles estereotipos sexistas que existen na sociedade actual coa asignación automática de tarefas, decisión e responsabilidades ás persoas en función do sexo.

Así as cousas, os obxectivos que persegue esta actividade son:  modificar estes estereotipos para que tanto homes coma mulleres asuman as devanditas tarefas de forma igualitaria; impulsar un cambio de actitudes a favor dunha cooperación máis equilibrada no ámbito doméstico e familiar para permitir alcanzar un desenvolvemento integral de mulleres e homes.

Contido

En canto ao contido deste “Obradoiro de Corresponsabilidade Doméstica”, os participantes abordaran cuestión como:

– Coidado e mantemento da roupa: lavar, dobrar, pasar o ferro e costura básica.

– Limpeza do fogar. Aforro de diñeiro e tempo: organizar, limpar a casa, cociña, cuarto e baño, comedor e zona de estudo/traballo e trucos de limpeza

– Cociña doada e san: o etiquetado nutricional, a dieta mediterránea, elaboración de receitas doadas e dunha comida básica

– Reparacións domésticas: electricidade, fontanaría, pequenas reparacións de pintura.

– Xestión do tempo: planificación no uso e xestión dos tempos familiares, laborais e de ocio persoal; coñecer os recursos para a conciliación e control do estrés.

– Saúde no fogar. Elementos de saúde na casa: accidentes domésticos e a súa prevención, primeiros auxilios, ergonomía e saúde.

– Administración doméstica: Interpretación de facturas de luz, agua e gas; trámites e xestións habituais (recibos, bancos, declaración da renda, contratos de subministracións, cambios).

11 de marzo de 2013 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.