A Concellería de Educación convoca unha sesión ordinaria do Consello Escolar Municipal
A Concellería de Educación do Concello de Ferrol, dirixida por Susana Martínez Galdós, convoca para a xornada de mañá, xoves 7 de marzo, unha sesión ordinaria do Consello Escolar Municipal. A xuntanza desenvolverase no Salón de Plenos da Casa do Concello de Ferrol ás 18:00 horas – en primeira convocatoria- e ás 18:30 horas – en segunda convocatoria-.
No que atinxe a orde do día desta sesión do Consello Escolar Municipal, este é o seguinte: dar conta do cambio de representante do grupo municipal de Esquerda Unida neste órgano de participación, a zonificación escolar no municipio ferrolán, dar conta da consulta efectuada á Área de Benestar Social relativa ao absentismo escolar, a solicitude de constitución dunha comisión técnica permanente de absentismo escolar no Concello de Ferrol, dar conta dos programas educativos municipais e informar das obras realizadas nos CEIP da cidade durante o ano 2012.











