Ximnasia para os maiores no Parque Biosaludable

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+
Usuarios do parque biosaudable

Usuarios do parque biosaudable

Dende a área de Igualdade e Benestar Social do concello do Carballiño, que dirixe a edil Purificación Alberte, puxo en marcha un programa de ximnasia para os maiores, pensada en ofrecer exercicios adaptados ás súas necesidades e posibilidades. Para ampliar esta actividade estanse ralizando sesións Parque Biosaludable da vila, situado na entrada en Parque Municipal, e dotado dunha serie de maquinas pensadas todas elas para o exercicio das persoas maiores.

A edil Purificación Alberte sinalaba o importante que é realizar este tipo de actividades “que nos demandan sempre dende distintos colectivos e que, contando coas máquinas do parque biosaludable, é moi sinxelo de poder realizar”.

Durante todo o tempo que os usuarios estiveron a desenvolver esta actividade lles acompañou unha monitora, que os ensinou como usar correctamente cada aparato, mesmo o tempo que debían dedicar a cada un deles, e os beneficio que lles achegaban para a súa saúde.

O parque biosaludable está aberto a todas as persoas que desexen usalo. Os interesados poderán ver unha descrición de cada aparato de ximnasia e o seu funcionamento na páxina web do concello, www.carballino.org, na sección da concellaría de Igualdade e Benestar Social.

20 de marzo de 2013 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.