A compañía Teatro do Noroeste, presenta a obra “A tixola polo mango”
“A tixola polo mango (Muller, non é para tanto)” é un monólogo no que se sente a rabia feminina sen case que apreciala, sutilmente.
A actriz mantén co público unha distancia prudente, pero íntima. Ela faise querer, é un ser aparentemente nobre, unha desas mulleres con ideas doutra época e das que todos temos algunha referencia persoal, ela podería ser aquela tía da que hai tempo que non sabemos nada, a nosa curmá a solteirona, a nosa avoa ou mesmo a nosa nai. O seu discurso encerra algo doutro tempo e, tamén, algo de verdadeira revolución feminina.
De teren elas os mesmos recursos ca nós, que pasaría? Se elas puidesen ligar por internet, saíren até as tantas, estaríamos nós, as súas fillas e fillos aquí…? Elas asimilaron a familia como concepto, o home como estandarte e a casa como bandeira.
Pero, ás veces, hai que dicir: “Basta!” , Que boca tan grande tes! É, para comerte mellor.
DATA: 8 marzo
HORA: 20:45h.
CENTRO CÍVICO CULTURAL
PÚBLICO ADULTO
ENTRADA DE BALDE











