A compañía cedeiresa Valverde Teatro representa este sábado “O Anel Máxico”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCedeiraLocal
A-
A+

20130314-4A compañía de teatro afeccionado cedeiresa Valverde Teatro representará este sábado a obra “O Anel Máxico” no marco do ciclo municipal
“Comediatrium”. A función dará comezo ás 20 horas, no Auditorio Municipal da vila. E, como vén sendo habitual, o prezo das entradas é de 2,5 euros.

“O Anel Máxico” é un relato escrito por Goldoni a partires dun Canovaccio da Commedia dell’arte italiana. É unha comedia de enredo que comeza coa desesperación de arlequín, que cre que a súa muller lle é infiel. Quere tirarse a un río e morrer, pero un vello dálle outra solución: un anel que fai esquecer as penas.

14 de marzo de 2013 | 13:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.