A celebración de san Lázaro concéntrase arredor do Parque de San Lázaro, e no barrio de Peliquín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOurense
A-
A+

Este domingo, como cada ano, quince días antes da Semana Santa, a celebración de San Lázaro marca a benvida da primavera. Para esta tradicional festividade, desenvolveranse as seguíntes actividades:

11.00 h Misa na Igrexa de Santo Domingo, e saída da alborada cos gaiteiros “Gomes Mouro”, e cabezudos pola rúa do Paseo.

11.42 h Procesión dende a Igrexa de Santo Domingo á Igrexa Conventual dos Franciscanos.

12.30 h Concerto da Banda Municipal de Música no Parque de San Lázaro.

Ao rematar a actuación procederase á Queima de Madamitas a cargo da Pirotecnia Josman. Trátase dunha tradición que se remonta varios séculos atrás e que simboliza a purificación fronte ás pestes, a fame e a lepra. Durante o sábado e o propio domingo, estarán instalados arredor do Parque de San Lázaro, os tradicionais postos de rosquillas, lambetadas, abelás e produtos típicos destas festas.

O barrio de Peliquín tamén celebra o San Lázaro, desde que na década dos 80 a igrexa que estaba no Parque de San Lázaro foi levada e reconstruída en Peliquín. 

12 de marzo de 2013 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.