publicidade hoxe

A Cañiza rende homenaxe ao seu veciño Don José María Raña Castro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaCalendarioLocalLocal Portada
A-
A+
José María Raña Castro

José María Raña Castro

O Vindeiro sábado, 16 de marzo de 2.013, dentro das xornadas adicadas a Festa do Lacón con Petelo, o Pobo da Cañiza e no seu nome o Concello, homenaxeará a Don José María Raña Castro nunha ceremonia que se desenvolverá no Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza a partires das 20:00 horas.

O Recoñecemento do Pobo da Cañiza a Don José María Raña Castro está respaldado pola súa incansable labor ao frente da Comunidade de Montes de As Achas e por ser unha das persoas que máis traballou para favorecer a súa parroquia, o seu entorno e sobre todo aos seus veciños.

Na mente de moitos cañicenses está todavía viva a imaxe de cando os montes da parroquia ardían e él traballaba duro para extinguir o lume a pesares da fatiga e das limitacións da súa idade.

Pola atención que sempre dispensou aos seus veciños, de xeito agarimoso e co sosiego e a serenidade que o caracterizan, por toda unha vida de compromiso, este ano o Petelo de Ouro será para o noso querido “Pepe Raña”.

 Neste acto homenaxe se lle entregará o “Petelo de Ouro 2013” e a Medalla en recoñecemento á vocación e ao compromiso”. Despois das palabras de recoñecemento dos seus amigos e das autoridades a Banda de Música das Neves ofrecerá un concerto no seu honor.

BREVE RESEÑA:

Durante unha larga etapa da súa vida estivo ao frente da Comunidade de Montes de Achas en calidade de Presidente, desenvolvendo o seu traballo e servindo incansablemente á parroquia con tesón e constancia “… derrochando as súas forzas físicas e desgastando as súas enerxías a pesares do seu delicado estado de saúde, pero sempre ao pe do cañón e sempre disposto a resolver os problemas que se ían sucedendo, xunto con outros membros da Directiva e comuneiros”…. Estas palabras pertencen ao seu amigo e veciño Manuel Ferreiro Fernández, que alá polo mes de outubro do ano 2.006, animou aos seus veciños a facer unha mención pública a modo de homenaxe a Don José María, mención que saíu publicada en numerosos medios periodísticos.

Amante da repoboación forestal, Pepe adicou o seu tempo libre a percorrer os montes da Comunidade retando a súa idade e as inclemencias do tempo. Nesta etapa estivo considerado como un grande xestor e cabe destacar que en todo momento estivo atento ás reclamacións dos veciños, ainda que lle pesaba o feito de que nalgunhas ocasións non se puideron acadar algúns obxectivos.

Neste recoñecemento o pobo da Cañiza quere manifestarlle o seu agradecemento pola súa labor profesional e facerlle chegar o seu aprecio e cariño tamén pola súa honradez e calidade humana, por ser unha persoa aberta ao diálogo e ao razonamento e sobre todo pola súa paciencia e serenidade.

8 de marzo de 2013 | 16:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.