A Biblioteca do Carballiño pon en marcha el programa “LEYENDO ESPERO”
A Biblioteca Pública do Carballiño pon en marcha o proxecto LEYENDO ESPERO, un punto de lectura no Centro de Saúde,en o espazo de pediatría, para achegar os libros aos nenos e nenas da localidade.
Con este programa a Biblioteca pretende fomentar o hábito lector entre os pequenos mentres comparten o tempo de espera cos seus pais na consulta. Para tal fin instalouse un estante na zona de Pediatría, onde os responsables da Biblioteca colocaron libros para ese público, e da que estarán pendentes de forma periódica para repoñer exemplares e colocar novos.
Dende a área de Educación pídese, simplemente, que se coiden e respecten as normas para o uso deses libros. Tamén, animar todos os nenos e nenas que visiten e coñezan a Biblioteca, onde hai máis libros para ler,aprender.











