A Aula de Ecoloxía Urbana de Ferrol acolle a exposición “Coidando o noso mar”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrolLocal
A-
A+

A Aula de Ecoloxía Urbana (AEU) do Concello de Ferrol, ubicada no parque municipal Raíña Sofía, abre ao público a exposición itinerante “Coidando o noso mar”, que se poderá visitar ata o 14 de abril, de martes a domingo. O horario será de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00, ata o domingo 31 de marzo; e no mesmo horario pero ata as 20:00 horas, a partir do martes 2 de abril. A mostra está cedida polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) poderá ser visitada polo público de maneira gratuíta.

Esta nova exposición engloba cinco paneis que perseguen, entre varios obxectivos, sensibilizar sobre o importante valor natural e a fraxilidade dos ecosistemas mariños, tendo en conta a incidencia das actividades humanas e os refugallos que estas xeran.

26 de marzo de 2013 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.