A Aula da Natureza propón actividades baseadas no medio ambiente nas vacacións de Semana Santa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

A Aula da Natureza, mantén a súa actividade durante a Semana Santa con obradoiros de manualidades e xogos populares dirixidas a nenos de Educación Primaria, para pór en valor a importancia do entorno natural e axudar ás nais e pais a conciliar a vida laboral no tempo de vacacións dos rapaces.

O Concello de Ourense oferta para os nenos e nenas de 6 a 13 anos unha serie de actividades vencelladas ao medioambiente para o tempo de lecer do que desfrutan en Semana Santa e así contribuír a conciliar a vida laboral e facilitar dos pais e nais dos cativos.

O prazo de inscripción abre mañá, 13 de marzo, e todos os intertesados deberán acudir á Aula da Natureza, sita no Paseo de Oira s/n ou enviar un correo electrónico ao aderezo aulanatureza@ourense.es, ou no teléfono 988 510 781.

As actividades teñen un coste de 10 euros e desenvolveranse os días 25, 26 e 27 de marzo e o 1 de abril de 10.00h a 13.00h e de 16.00h a 19.00h en grupos dun máximo de 20 nenos e nenas.

Os participantes nas actividades que se realizarán durante a Semana Santa, os nenos e nenas coñecerán e defenderán o medio ambiente e amosaranlle a directa implicación do entorno na nosa vida cotiá, e na nosa saúde e como desfrutar del sendo parte do mesmo.

As actividades implican traballos de reciclaxe, orientación, coñecementos sobre cambio climático, xardinería ou obradoiros teórico prácticos sobre a fauna e flora da zona.

Os obxectivos que se pretenden son os seguintes:

– Aprender a empregar e dar unha segunda vida a materiais reempregables
– Comprender o entorno e aproveitar a oferta lúdica que proporciona, ademáis de fomentar o respeto mutuo e a convivencia no desenvolvemento de actividades
– Fomentar o coñecemento e recuperación dos xogos populares
– Coñecer a importancia da auga para a vida, a saúde e o desenvolvemento

12 de marzo de 2013 | 16:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.