A Asociación de Veciños San Cosme de Maianca organza unha excursión a Tapia de Casariego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOleiros
A-
A+

A Asociación de veciños San Cosme de Maianca organiza unha excursión á localidade asturiana de Tapia de Casariego. A viaxe será este sábado con saída en autobús ás 9 horas desde a Lagoa de Mera, haberá parada na praia das Catedrais, logo chegarase a Tapia, onde se degustará un menú típicamente asturiano acompañado coas mellores bebidas espirituosas da terra.

Xa pola tarde continuarase coa visita por Tapia e desprazaranse ata un Lagar típico asturiano en Taramundi. O regreso esta previsto para última hora do día. O prezo é de 20 euros socios e 30 euros para o non socios. Máis información no teléfono 690-811-350.

20 de marzo de 2013 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.