A P(A)T Galicia presestreará o documental “Entreparadas”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalLocal PortadaOurense
A-
A+

A asociación de Prevención de Accidentes de Tráfico P(A)T Galicia prestreará o sábado, día 9 de marzo, en Ourense o documental “Entreparadas”, que narra o proxecto de inclusión social que se desenvolveu recentemente na cidade, patrocinado polo Concello. A longametraxe está dirixida por Toño Chouza e conta tamén no seu equipo con profesionais de recoñecida experiencia no mundo do audiovisual como Jorge Coira e María Liaño. A preestrea será o sábado ás 20:30 horas, no Teatro Principal. As entradas están xa esgotadas.

“Entreparadas” nos conta a historia de 16 persoas anónimas que atesouran experienciais vitais únicas, A longametraxe fixa a súa mirada en Jose, con parálise cerebral, e Felisa, inmigrante invidente, que comparten unha experiencia que marcará as súas vidas con outras persoas provintes de
diferentes colectivos (asociación contra o cancro, centro psiquiátrico, unidade de violencia de xénero, vítimas de accidentes de tráfico, aula municipal do maior, asociación de discapacitados AIXIÑA, menores con medidas xudiciais e outros voluntarios e voluntarias).

UNHA IDEA: Un grupo de teatro “invisible” que actúa por sorpresa nos autobuses urbanos.

UN SOÑO: Aplausos, emocións, tolerancia, convivencia, cultura e unha forte mensaxe social chega a moitos viaxeiros entre parada e parada dos
autobuses urbanos de mans dos 16 actores e actrices.  

A asociación de Prevención de Accidentes de Tráfico P(A)T amósanos un proxecto solidario que cambiou formas de vivir e de ver as cousas.

O Concello de Ourense e o Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade patrocinaron este proxecto, que conta tamén coa colaboración de Sarabela Teatro, Cine Club Padre Feijóo, Cafetería STOP, Aguas de Sousas, Colexio Malvedo, Parking Buenos Aires, Aporsa e Salones Cabú.

6 de marzo de 2013 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.