A Asociación de Festas dos Cabaleiros organiza unha viaxe para a Semana Santa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMos
A-
A+

A Asociación de Festas do Santísimo Cristo da Victoria ou dos Cabaleiros, da parroquia de Mos, informa da organización dunha viaxe a Guadalajara, Sigüenza, Atienza, Cuenca, Cidade Encantada e Ávila do 27 ó 31 de marzo con motivo da Semana Santa.

O prezo por persoa desta viaxe ascende a 300 euros, que inclúe transporte en autobús, aloxamento en réxime de pensión completa, visitas guiadas acompañadas de guía local e seguro de viaxe.

Os interesados en inscribirse nesta actividade ou obter máis información sobre a mesma poden poñerse en contacto telefónico con Luis Brandariz nos números 986 33 43 64 e 659 955 619. 

4 de marzo de 2013 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.