A Asociación de Amas de Casa convoca ás súas socias á asamblea para renovar a Directiva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNeda
A-
A+

A Asociación de Amas de Casa de Neda convoca a todas as súas socias a unha asamblea xeral programada para o vindeiro mércores, 20 de marzo, ás cinco da tarde. A orde do día consta dun único punto, a votación de candidaturas para a renovación da Xunta Directiva da entidade. Por todo isto, a asociación fai un chamamento á participación no proceso. A cita terá lugar na sede da entidade, ubicada no Edificio Municipal de Usos Múltiples da Toeleira.

15 de marzo de 2013 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.