publicidade hoxe

8 de marzo, Día Internacional das Mulleres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOutes
A-
A+
Pulseras da actividade

Pulseras da actividade

Con motivo da celebración o vindeiro 8 de marzo do Día Internacional das Mulleres, dende o Concello de Outes e a través do Centro de Información ás Mulleres, levaranse a cabo varias actividades durante toda esta semana. A través das mesmas, contando co público asistente, elaborarase un mural da igualdade que permanecerá exposto na entrada da Casa de Cultura a partir do día 8 de marzo.

A primeira das actividades foi un contacontos da igualdade desenvolto na Casa de Cultura e no que se deu lectura ao conto “Floy e a xanela do colexio”, elaborado por nenos e nenas de Outes. Todos e todas as participantes recibiron unha pulseira da igualdade, así como completaron unha parte do mural.

O mural completarase con dúas actividades realizadas o día 7 de marzo. Á primeira delas, celebrada no baixo do Centro Social, asisten nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 aos 9 anos. A outra actividade consistirá nun taller de risoterapia que terá lugar de 18:00 a 20:00 horas na Casa de Cultura de Outes.

12 de marzo de 2013 | 11:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.