Programa de actos oficiais, presentacións e degustacións de Xantar 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXantar 2013
A-
A+

MERCORES 6 DE MARZO

Día do País convidado-Perú, Día da Cidade de Ourense, Medios de Comunicación, da Hostalería e das Persoas Maiores. Noite do Deporte.

11.00 h.- Inauguración do VIII Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde.

11.30 h.- Presentación do partido do Club Ourense Baloncesto, COB, e do C. B. Breogán do sábado 9 de marzo no Paco Paz.

12.30 h.- Degustación de Anguías ofrecida polo Concello de Castrelo de Miño.

13.00 h.- Inauguración oficial de Xantar 2013.

Preside: Vicepresidente da Xunta de Galicia e Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda Valenzuela.

 14.30 h.- Almorzo oficial no Restaurante de Perú.

20.15 h.- Acto de recoñecemento aos Restaurantes con Estrella Michelín e Soles Repsol de Galicia, presidido pola Directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro Domínguez.

XOVES 7 DE MARZO

Día da Alimentación (Mar e Medio Rural), Rexión do Douro (Portugal), Confrarías Gastronómicas e do Concello de Parada de Sil. Noite dos Autónomos e Comerciantes e da Liga Provincial de Mus.

12.00 h.- Ourense QR. Tecnoloxía ó servizo de Turismo na provincia de Ourense.

José Manuel Rodríguez. Xerente INORDE.

José Manuel Freire. Presidente INORDE.

12.30 h.- Presentación do produto turístico “A Fábrica da Luz” de Parada de Sil.

12.30 h.- Degustación de Orella ofrecida polo Concello de Castrelo de Miño.

13.00 h.- Acto Central do Día da Alimentación.

Presidido pola Conselleira do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana.

13.15 h.- Degustación dos Froitos do Mar no stand do Concello de O Grove.

14.00 h.- Degustación de cocteis do Casino La Toja no stand do Concello de O Grove.

20.00 h.- Acto de entrega dos Platos de Ouro de Radioturismo ás Casas Rurais e Restaurantes de Galicia. Entrega das Medallas de Ouro. Premiados:

Restaurantes:

Habana 86 (Ourense), La Paz (Viveiro-Lugo)

e Galicia (Bahamonde-Lugo).

Casas de turismo rural:

Vilaboa (Allariz-Ourense), El Rincón de Anita

(Foz-Lugo), Fogar do Selmo (Rois-A Coruña).

VENRES 8 DE MARZO

Día do Cooperativismo, Feiras de Portugal, Cooperación Transfronteiriza (Braga), de Andalucía e do Concello de Salceda de Caselas.

12.00 h.- Presentación de “Ana London Dry Gin” de Adegas Moure.

12.30 h.- Presentación da Festa do Xamón do Concello da Cañiza.

12.30 h.- Degustación de Codornices ofrecida polo  Concello de Castrelo de Miño.

13.00 h.- Acto central do Día do Cooperativismo.

Preside: Director Xeral de Traballo e Economía Social, Odilo Martiñá Rodríguez.

13.00 h.- Degustación de Callos ofrecida polo Concello de Salceda de Caselas.

13.00 h.- Degustación de Xamón no stand do Concello de A Cañiza.

13.45 h.- Presentación e creación da nova categoría de bebida: The Refremixer-Pink Cow.

Flavio Morganti. Investigador. Acompañan Asociación Galega de Barmen e os “bartender” Miguel Ángel Jiménez Armas e Miguel Pérez Muñoz.

SÁBADO 9 DE MARZO

Día do Turismo e da Innovación, Turismo Rural, Castela e León, Vía da Prata e Camiño Portugués, Fundación Amigos de Galicia, Cámara Municipal de Viana do Castelo e Concellos de O Barco de Valdeorras e As Neves.

12.30 h.- Degustación de Xarrete ofrecida polo Concello de Castrelo de Miño.

13.00 h.- Acto central do Día do Turismo.

Preside Nava Castro Domínguez, Directora da Axencia Galega de Turismo.

13.15 h.- Degustación de Produtos de Porco Celta de ASOPORCEL no restaurante do INORDE.

14.00 h.- Degustación de mel, requeixo e viño tinto ofrecida polo Concello de As Neves.

20.00 h.- Degustación-presentación de sobremesas típicas das comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras. Torta do Cigarrón de Verín, Bica de Laza, Montonico de Vilariño e Vianos (bombóns recheos de mel de Viana).

DOMINGO 10 DE MARZO

Día dos Patrocinadores e Colaboradores de XANTAR, rexión Dão-Lafões (Portugal), Provincia da Coruña e Concellos de Sober, Palas de Rei e Melide.

13.00 h.- Acto de Clausura.

13.00.- Degustación de Galo de Curral ofrecida polo Concello de Vila de Cruces.

14.00.- Degustación de Melindre ofrecida polo Concello de Melide.

14.00 h.- Degustación de Queixo de Ulloa ofrecida polo Concello de Palas de Reis.

14.30 h.- Tregumelos – Degustación de produtos micolóxicos dos bosques de Trevinca. Ofrecida polo Concello de A Veiga.

17.00 h.- Degustación ofrecida pola Cámara Municipal de Viseu de: doces, queixos,  embutidos, viños e de broa de Trambela.

OUTRAS ACTIVIDADES:

– Concurso de Prato Galego “XANTAR 2013”.

– Exposición de Arte Gastronómica.

– 4ª Mostra de Cartaces das Festas Gastronómicas.

– Exposición de Produtos Selectos de Galicia.

– Degustación de Cafés no stand de Cafés Lisboa.

– Degustación de Bica ofrecida polo Concello de Parada de Sil no stand de Cafés Lisboa.

– Degustación de Cervexas e augas no stand de Hijos de Rivera – Estrella Galicia.

4 de marzo de 2013 | 20:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.