3º concerto en clave de solidariedade en Culleredo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCulleredoLocal
A-
A+

A favor de AFADIPS. O acto terá lugar o venres 22 de marzo, ás 19.30 horas no salón de actos do Conservatorio de Culleredo e está organizado polo Conservatorio Profesional de Música de Culleredo en colaboración coa Área de Benestar do Concello de Culleredo. A entrada será de balde ata completar o aforo.

Afadips é unha asociación creada no ano 1992 para promover a integración social das persoas con discapacidade de Culleredo e concellos limítrofes. Afadips nace ao abeiro dun servizo municipal do Concello de Culleredo: o Centro Ocupacional de persoas con discapacidade intelectual A Escada, para servir de complemento do seu programa de traballo.

Fundamentalmente, AFADIPS procura as alternativas de ocio e tempo de lecer que o alumnado do centro precisa. Desde as súas orixes o principal obxectivo da asociación foi o de manter un programa de actividades con carácter anual que dera cobertura a esta necesidade.

AFADIPS tamén serve de punto de encontro e, en ocasións, de respiro para as familias de persoas con discapacidade intelectual. Esta é outra das necesidades relevantes ás que procura dar resposta.

21 de marzo de 2013 | 20:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.