1.000 pontevedreses asistiron ás dúas función concertadas de “O Soldadiño de Chumbo”

Escolares no acceso ao Salón do Libro
Ao longo da mañá de hoxe, visitaron o Salón do Libro números escolares, máis de 900 deles para asistir á representación teatral “O Soldadiño de Chumbo” nos seus pases concertados ás 10:00 horas e ás 12:00 horas. Centros escolares de Pontevedra, pero tamén de Marín, Raxó, Arcade, Ponte Sampaio, Ponte Caldelas, Cambados, Dena, Pobra do Caramiñal, Salvaterra, Cangas, e Vilagarcía. Non quixeron perderse a función tampoco o alumnado dos Centros de Educación Especial Amencer Pontevedra e o Princesa Letizia e nin do Centro Ocupacional Méndez Núñez.
OBRADOIROS ADULTOS. Lembrade que o prazo para matricularse nos obradoiros para maiores de 16 anos que se impartirán a partir do vindeiro luns 18 se pecha o venres 15. Actualmente “Querer contar nos contos” de Celso Fernández ten as prazas cubertas. “Fabrincando Ambiente” de Ventos estudios ambientales, conta consó dúas vacantes e “Iniciación ao Arduino” aínda ten preazas disponibles. Impartido por impartido por Luis Diéguez González iniciará aos asistentes no universo Arduino e aprenderán programación, iniciación á electrónica, aplicacións prácticas para facer un sistema domótico, automatización dun aparcadoiro, ect. Máis información en www.salondolibro.org
As actividades continuarán con:
XOVES 14
> 17:30 horas – Salón do Libro – Pazo da Cultura – “Burro – Máquina” de Fantoches Baj: Actividade de animación con contos, xogos e cancións, recomendada para nenos/as de entre 4 e 12 anos.
> 17:30 horas – Salón do Libro – Pazo da Cultura – Zeppelin 1: Da man de Proxecto Pequenos Constructores, formado por Sabela Camiña Castro e Aida Estela Vigo Edeira, os nenos/as participarán dun obradoiro no que construirán bonecos. Recomendado a partir de 10 anos. Límite 35 nenos/as
> 19:00 horas – Salón do Libro – Pazo da Cultura – Galebook: Obradoiro de lectura dixital para achegar aos pequenos/as ás novas tecnoloxías. Nenos/as e país están convidados a asistir a esta presentación do libro infantil “Man, o alemán de Camelle) da man de Edicións Galebook.
VENRES 15
> 11:30 horas (Concertada con escolares) e 18:30 horas (Público familiar) – Salón do Libro – Pazo da Cultura – “20.000 leguas de viaje submarino” de Rayuela Producciones: A finais do século XIX un monstruo marino sembra o pánico en todos os mares da Terra. O prestixioso biólogo e profesor Pierre Aronnax embarcarase xunto ao seu axudante Consejo, nunha expedición organizada para dar caza ao animal. A bordo do Abraham Lincoln ambos coñecen a Ned Land, un arponiero canadiense reclutado para acabar coa misteriosa e temible criatura. Pero o monstro resulta ser un submarino, o Nautilus. Aronnax, Consejo e Land descubrirán as marabillas agochadas no fondo do mar, pero serán testigos dos oscuros segredos do capitán Nemo.
Inspirada na obra de Jules Verne “20.000 lenguas de viaje submarino”, achegará aos máis pequenos ao mundo da ciencia longo dunha hora. Espectáculo de teatro de actor e proxeccións audiovisuais. Entradas 3€ , una hora antes na billeteira.
> 17:30 horas – Salón do Libro – Pazo da Cultura – Zeppelin 2: Da man de Proxecto Pequenos Constructores, formado por Sabela Camiña Castro e Aida Estela Vigo Edeira, os nenos/as participarán dun obradoiro no que construirán bonecos. Recomendado a partir de 10 anos. Límite 35 nenos/as.
> 17:30 horas – Salón do Libro – Pazo da Cultura – Tarde con Jules Venre: Xogos e pasantempos arredor da figura de Jules Venre.











